Extraido del blog de la revista anarquista Abordaxe (en gallego).
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhDVrjNffYwlnhFohh277ofTNklqEzgcoUMMnARS7ZgvB_fugb1DcZzh-yUUPvyGnngSecRCiVgeh-FEJM3F8c0tmpbSULTyWmOlEufQ4VcBJ-N5kz2RB2PArViEPuENiQ67_QbQ_jKLzw/s200/explosion+leon2.jpg)
A primeira explosión rexistrouse ás 4:02 da madrugada no nº5 da rúa Astorga, causando danos no sistema do aire acondicionada e na fachada lateral do centro de formación "Foremcl CyL" ubicado nunha sede do sindicato CCOO. O segundo estoupido tivo lugar 5 minutos máis tarde na oficina de emprego situada no nº 3 da rúa Ciudad de Puebla, ocasionando danos na fachada, na porta e nos paneis do teito, así como en dous vehículos estacionados nas inmediacións.
As informacións verquidas nos distintos medios comerciais (de onde nós tiramo-la información) son contradictorias, pois nalgúns afirman que a segunda bomba non chegou a estoupar mentres que noutros falan indistintamente de artefactos explosivos e incendiarios.
Ó parecer, os artefactos caseiros confeccionáronse cun bote de gas para recarga de mecheros, según relataron á prensa fontes do concello leonés.
Non é a primeira acción de similares características sucedida en Castilla y León xa que en xaneiro deste ano un artefacto explosivo causou graves danos na clínica da mutua Asepeyo en Ponferrada. Accións semellantes xa aconteceran en anos anteriores (noticia neste blog -aquí).
A nova na prensa comercial: Europa Press (aquí)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.